curso en el Conservatorio Profesional de Riveira con Rodrigo

dany1es

Moderator
Staff member
9, 10 e 11 de Marzo de 2007
RODRIGO
PÉREZ
VILA

Descagar el dosier: http://www.adolphesax.com/doc/CursodeSaxofonRodrigoVila.pdf

(Vigo, 1977) Comezou os seus estudos musicais no Conservatorio de súa cidade
natal. Amplía os seus coñecementos con Andrés Gomis Mora e no 1998, becado
polo Ministère de l'Éducation Nationale de Francia e a Deputación Provincial de
Pontevedra, continua os seus estudos no Conservatoire National Jacques Thibaud
de Bordeaux na Clase Internacional de Saxofón, onde recibirá clases de Marie-
Bernadette Charrier y Jean-Marie Londeix. No ano 2001 obtivo por unanimidade
a Medaille d’Honneur da Ville de Bordeaux en saxofón e no ano 2002 é recompensado
coa mesma mención en Música de Cámara Contemporánea. Ademáis
foi laureado co 2º Premio no Concurso Internacional de Música del Mediterráneo
e co 1º Premio no Concurs de Música de Cambra Monserrat Alavedra de
Terrassa. Igualmente destaca no Interrnationale Saxophonwettbeweb Gustav
Bumcke celebrado en Dortmund e no Concours Europeenne de Musique de
Chambre de París. Do mesmo xeito, destaca en eventos como o Festival Internacional
de Música del Mediterráneo do 2002, a Saison Culturelle 2003 de Bordeaux,
nos Encontres de Compositors do 2005 e actuando no seno de formacións como
a Orchestre National Bordeaux-Aquitaine. Na actualidade é Profesor de Saxofón
no Conservatori Superior de Música de les Illes Balears.
Lugar :
Salón de Actos do Conservatorio
Profesional de Música de Riveira
Rúa Miguel Rodríguez Bautista, 21
15960 Riveira
Tel.: 676 57 96 64
Fax: 981 87 60 31
E-mail: funguisax@yahoo.es
Horario:
Venres 9 e Sábado 10 de Marzo de
10:30 a 14:15 e de 16:30 a 20:15
Domingo 11 de Marzo de 10:00 a
13:00
Inscripción:
O curso está dirixido a saxofonistas
de tódolos niveis, sen límite de idade.
Os interesados deberán enviar por
correo postal ou ben por fax, o xustificante
de pago na conta do curso,
xunto cos seus datos persoais, teléfono
ou correo electrónico de contacto,
así como as obras ou estudos
que van traballar durante o curso.
Actividades:
O programa do curso está composto
por duas clases individuais e un concerto
o día 8 de Marzo ás 20:00 hrs a
cargo do Profesor Rodrigo Pérez Vila
no Salón de Actos do Conservatorio.
Modalidades e prezos:
O curso dispoñe de 12 prazas para
alumnos activos e para os alumnos
oíntes non hai límite de prazas.
Alumnos Activos: 75!
Alumnos Oíntes: 25!
Número de Conta de Caixa Galicia
2091 0344 11 3000062736
Non se farán devolucións de matrícula
 

Arriba